A Fundación Carlos Casares abre o debate arredor da figura de Ramón Piñeiro

A Fundación Carlos Casares abre o debate arredor da figura de Ramón Piñeiro

23 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Non se pode concibir a Galicia actual sen o influxo do pensamento e a acción de Ramón Piñeiro”. Estas palabras do director da Fundación Carlos Casares, Gustavo Garrido, definen o punto de partida das xornadas que a entidade organiza arredor da figura do homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2009. Diversos estudosos, escritores, xornalistas e filósofos reuniranse, desde mañá ata ao xoves, no Salón de Actos da Deput

Ramón Piñeiro está considerado como unha das figuras claves da Galicia da segunda metade do século XX, pero tamén unha das máis debatidas. El avogou por separar o galeguismo do seu compoñente político, o que se deu en chamar o Piñeirismo. Esta tese contou con moitos detractores, pero tamén tivo gran influencia na realidade do país. Segundo declarou en Radiofusión o director da Fundación Carlos Casares, Gustavo Garrido, na actualidade resulta “difícil atopar unha partido no que non estea, cando menos, un anaquiño de Ramón Piñeiro”.

As xornadas Ramón Piñeiro na Galicia do século XX reúnen a expertos como Darío Villanueva, Xesús Alonso Montero, Gerardo Fernández Albor, Justo Beramendi ou Ramón Máiz. Debaterán as vertentes política, cultural, lingüística ou filosófica do homenaxeado. O evento inaugúrase oficialmente esta tarde, mentres que as conferencias se celebrarán desde mañá martes ata o xoves no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo con entrada libre.

Tamén en relación coa figura de Piñeiro, cómpre destacar que o Consello da Cultura Galega vén de liberar unha escolma de fragmentos sonoros do intelectual para dar a coñecer a súa voz e pensamento.

Cultura