Funkegraffiti, a música debuxada de Álvaro Muras

Funkegraffiti, a música debuxada de Álvaro Muras

13 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Polideportivo de Ordes albergará mañá sábado, ás 21:30 horas, Funkegraffiti, un proxecto de graffiti e música funk en directo. A música correrá a cargo do grupo de Álvaro Muras e contará ca colaboración do graffiteiro Xan Eguía. A proposta enmárcase na programación Noites Psicoeducativas do Programa Faro do Concello de Órdes. A entrada é de balde.

Funkegraffiti é un proxecto que se basea na búsqueda de puntos de unión entres as melodías, ritmos e sensacións que se poden transmitir coa música en directo e o graffiti. Para elo, as creacións en directo xunto ás improvisacións arredor dun tema musical ou unha temática determinada, é a forma coa que presentan estes momentos personalizados xurdidos da natureza, da interpretación e da execución.

Sociedade