As fusións enriquecedoras de Pedro Lamas

As fusións enriquecedoras de Pedro Lamas

23 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As fusión son enriquecedoras, porque representan o encontro entre culturas. Pero sempre que se manteña o selo de cada unha delas, afirma o músico Pedro Lamas, gaiteiro e compositor, fundador de Leliadoura, Luvas Verdes, e na actualidade músico da Nova Galega de Danza.

Pedro Lamas fala de que existe unha nova xeración de gaiteiros, que conciben o seu traballo, a súa responsabilidade na sociedade, dun xeito distinto. Como exemplo, pon a Daniel Bellón, que exerce de empresario musical. Pedro Lamas e Daniel Bellón, ao fronte de Luvas Verdes, preparan un novo disco. O seu segundo traballo representará un homenaxe a Leliadoura, coincidindo co 15 aniversario daquela formación.

Pedro David Lamas Varela (Cecebre, 1978)

Estudia Enxeñaría Industrial pola Universidade da Coruña na Escola Politécnica Superior de Ferrol. Finaliza o curso de Formación Musical e a súa Didáctica na Escola de Maxisterio da UDC en 1999 acadando a calificación de Matrícula de Honra. Membro fundador do grupo de música tradicional ‘Lelia Doura’ (1995-2000) e ‘Luvas Verdes’, na actualidade desempeña a súa faceta como gaiteiro e compositor neste último e na compañía ‘Nova Galega de Danza’ amais de colaborar habitualmente con outros artistas e formacións como Vaamonde, Lamas e Romero ou Xabier Díaz. Posúe un dos curriculums con máis galardóns no mundo da música tradicional, acumulando máis de cincuenta premios no seu haber.

 

Cultura