Futuro imperfecto, o testemuño dunha supervivinte

Futuro imperfecto, o testemuño dunha supervivinte

12 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Novo libro e nova autora chegan ás librerías. Un debut literario, o de Xulia Alonso Díaz, que xorde do vencello entre vida e literatura. Baixo a advocación de Lois Pereiro, da “Heroin” de Lou Reed e de “Escaleira ao ceo” de Led Zeppelin, "Futuro imperfecto" traza un percorrido vital que a autora comparte cunha xeración, a dos mozos e mozas que durante os anos oitenta e noventa circularon por unha

Unha necesidade, a de se achegar á vida coa máxima intensidade, é o punto de partida da historia que Xulia Alonso tece e destece en Futuro imperfecto relato dunha experiencia na que os fíos do amor se van entrecruzando coa ameaza da morte. Cun estilo directo, trufado de lampexos literarios que iluminan os feitos narrados, a autora conta a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda.

Alonso repasa en primeira persoa a súa vida, tomando como punto de partida o doloroso momento da perda do seu compañeiro por mor do desenvolvemento da SIDA. Desde unha clara aposta pola supervivencia e a busca de respostas en aras da reparación, da reconciliación entre pasado e futuro, rememora dende a súa infancia ata os primeiros anos na Universidade de Santiago de Compostela, a liberdade, as novas expectativas, o seu paso por un centro de rehabilitación, a reinserción na sociedade, o nacemento da súa filla e a sinistra teimosía do pasado por afogar un futuro por construír. Futuro imperfecto contén unha historia de amor e unha advertencia. 

Xulia Alonso Díaz (A Rúa, 1961) cursou bacharelato e COU no Colexio Paulo VI da súa vila natal e iniciou en Santiago de Compostela os estudos de Psicoloxía no ano 1979. En xaneiro de 1981 comeza a traballar como auxiliar administrativo na Xunta de Galicia, onde desenvolve o súa actividade laboral ata setembro de 2008, momento en que motivos de saúde a apartan do mundo laboral. A descuberta, naqueles primeiros anos 1980, do mundo das drogas e a súa adicción a heroína durante tres anos, superada en 1985, deixarán unha pegada indeleble que marcará o seu futuro: o VIH.

Cultura