Góticos de toda Galicia acudirán a un festival musical en Narón

Góticos de toda Galicia acudirán a un festival musical en Narón

27 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Góticos de toda Galicia concéntranse mañá domingo nun festival musical organizado pola Asociación Las 13 muertes no local social da Gándara en Narón. Tocarán os grupos Myself (Ferrol) Id3m (Fene- Ferrol) Eotem (Sada) Fear – roll (Ferrol) e Shroud of Tears (A Coruña). A entrada ascende a 4 euros.

Entre as actuacións dos grupos, proxectaránse videos musicais, sempre do máis puro estilo heavy. Las 13 muertes xurdiu hai 2 anos, e ademais deste festival teñen organizado 2 kedadas fotográficas e unha cea de Halloween. Se a resposta de mañá domingo é positiva, teñen en carteira moitas máis ideas. As actuacións de mañá domingo comezarán ás 18 horas.

Sociedade