Gañas de festa

Gañas de festa
02 de Maio, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío ten gañas de festas, advirten os membros da comisión organizadora. Perciben máis colaboración cidadán que o ano pasado. A comisión xa se puxo a traballar para as festas dos Santos. A orquestra Assia arrufará a verbena do venres 17 de maio. O grupo Antha tocará ese dia na sesión vermú e tamén acompañará á noite. A orquestra Tango e o dúo Acherizados tocarán o sábado dezaoito.

Fotografía Xan Xe

Sesión vermú larga con Sim tron ni son,  Efecto Imperfecto e xantar popular de mexillóns e xamón á sidra para o domingo dezanove. A festa é para todos recorda o presidente da comisión de festas de Perlío Jesús Ares “Lito” quen salienta que "as orquestras son máis caras este ano". En conxunto, entre as festas dos Santos e as de agosto, o orzamento chegará aos 59.000 euros. O domingo dezanove será o dia do neno. Haberá un desconto dun euro en todas as atraccións festivas. A orquestra Tango de Pontevedra traerá a Perlío o escenario máis grande deste 2024 en Galicia.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora