A Gala do Fútbol

A Gala do fútbol comarcal naceu hai oito anos para premiar a todas as entidades deste deporte
06 de Xuño, 2019 - 01:57 h. | Publicada por Radio Fene

A Gala de entrega de premios ao fútbol da comarca comezará o venres 7 ás 20.00h no Pazo da Cultura de Narón. Máis de 600 deportistas asisten á gala organizada por AFACO, AFAFE e a delegación da Federación Galega de Fútbol e patrocinada por 21 concellos.

ESCOITA O PODCAST:

O Pazo da Cultura de Narón convértese mañá venres dia 7 de xuño no núcleo duro do futbol da comarca. Entreganse os VIII Premios Volta á ría de futbol do 2019. A Gala empezará ás 20.00h, organizada por AFACO, AFAFE e a delegación ferrolana da Federación Galega de Futbol. Conta co patrocinio de 21 concellos. 600 deportistas encherán o pazo da cultura sabendo que eles son ese dia os protagonistas.

O delegado da federacion galega de futbol, Manuel Mesa, agradeceu aos concellos o seu apoio incondicional na Gala que naceu hai oito anos. Na Gala prémiase o traballo e os logros conqueridos por equipos de todas as categorías, deportistas individuais, adestradores, árbitros… Prémiase a deportividade e a entrega a este deporte que levanta paixóns.

O ascenso do Racing foi unha alegría grande, como de todos os equipos que ascenderon na comarca, pero Mesa emociónase sobre todas as cousas co recoñecemento aos directivos e adestradores que dedican a súa vida a isto. E tamén cos máis pequenos que se sinten reis por un dia. Mantivemos unha entrevista con Manuel Mesa na víspera da Gala do futbol comarcal, que podedes escoitar aquí, na nosa paxina www.radiofusión.eu

(na imaxe, exposición da Historia do Futbol Galego. Cidade da Cultura. Inaugurada o 1 de febreiro e aberta ata o 1 de setembro de 2019)

Deportes

Publica o teu comentario agora