Galego de Cine en Ferrol

Galego de Cine en Ferrol

02 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia colaboran na posta en marcha da nova actividade de fomento do galego que terá lugar na cidade naval o vindeiro domingo, día 6 de maio. Trátase de “Galego de Cine”, que instalará a súa caravana no Cantón de Molíns de 11.00 a 14.00 horas, na que se proxectará

O visionado destas curtametraxes irá acompañado de actividades de comprensión das películas e rematarase cun vídeo-matón onde os cativos crearán a súa propia historia mediante a oralidade, seguindo o modelo do cadáver exquisito. O personaxe “O revisor das palabras” conducirá a actividade, que logo se colgará nas webs www.galegodecine.orge e www.youtube.com/galegodecine.

“Galego de Cine” é unha iniciativa especialmente  recomendada para nenos de 6 a 12 anos, que forma parte do programa “falaRedes” da Xunta de Galicia para promover o uso do galego. O circuíto completo da xornada é de 180 minutos, nos que poderán participar 60 nenos/as inscritos previamente. O vídeo-matón farase en grupos de 20 atendendo a razóns de idade.

Sociedade