Galego pasará ao grupo de non adscritos

Galego pasará ao grupo de non adscritos
27 de Novembro, 2019 - 01:20 h. | Publicada por Radio Fene

Gumersindo Galego afirmou esta mañá que comunicará oficialmente a situación do Concello de Fene aos restantes grupos na xunta de voceiros convocada para o vindeiro luns. Galego agarda recibir a confirmación da baixa do Partido Popular para solicitar o seu pase ao grupo de non adscritos. Os restantes concelleiros populares permanecerán no grupo do PP. O alcalde reiterou esta mañá que non pensa que a sentenza xustifique unha dimisión.

ESCOITA O PODCAST:
Gumersindo Galego. 6 de abril de 2018

BNG e Esquerda Unida de Fene convocan unha rolda de prensa para este xoves ás catro da tarde na Casa do Concello de Fene. Segundo manifestacións do voceiro do BNG Juventino Trigo, a esa cita está tamén invitado o PSOE que de momento non contestou. Trigo censurou que o alcalde Gumersindo Galego non facilitara información aos restantes grupos políticos sobre a súa situación. "Dáse de baixa do Partido Popular para non prexudicar a imaxe desa formación, pero parece que non lle preocupe danar ao Concello de Fene", afirmou Juventino.

O alcalde de Fene foi condeado á retirada do permiso de conducir durante 244 dias e ao pago dunha multa de 600 euros por dar positivo nun control de alcoholemia da Garda Civil de Tráfico o pasado 10 de novembro, día das eleccións xerais. O dia 12 celebrouse o xuizo rápido en Ferrol e Gumersindo Galego aceptou a sentencia amosándo a conformidade coa pena. "Foi unha triste fatalidade, estou apesadumbrado, arrepentido e pido disculpas" indicou o alcalde de Fene, quen solicitou o dia 19 a súa baixa do Partido Popular. "En canto chegue a aceptación desa solicitude por escrito, comunicarei á secretaria municipal a miña nova situación de concelleiro non adscrito" manifestou Galego.

A Corporación de Fene está formada por seis concelleiros do Partido Popular, seis do BNG, catro do PSOE e un de Esquerda Unida.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora