Galicia é a terceira comunidade na que máis accidentes se producen no traxecto entre o fogar e o traballo

Galicia é a terceira comunidade na que máis accidentes se producen no traxecto entre o fogar e o traballo

03 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Máis de 50.000 galegos sufriron algún accidente laboral durante o 2008, unha cifra na que se inclúen as 72 persoas que perderon a vida no seu posto de traballo. Desde UGT-Galicia chaman a atención sobre que a estes datos hai que sumar tamén as 30 vítimas que faleceron no que se denominan accidentes “in itínere”; é dicir, aqueles que se producen nos desprazamentos entre o

 Os sinistros “in itínere” medraron en Galicia nun 50% con respecto a 2007, un aumento que sitúa á nosa comunidade como a terceira con máis accidentes deste tipo, só por detrás de Cataluña e Madrid. Para atallar esta situación, UGT-Galicia propón plans de mobilidade por parte das empresas e que dende as administracións se potencien redes de transporte público de calidade e baixo custe. O secretario de saúde laboral do sindicato, Carlos Bellas, apostou en Radiofusión pola creación da figura do “axente de mobilidade”, unha persoa encargada en cada área industrial de coordinar o transporte público coas necesidade empresariais.

No referente aos sinistros laborais durante a xornada, dende UGT-Galicia cualifícase como “preocupante” que a cifra total supere, un ano máis, os 50.000 accidentes. Pola contra, celebran que a cifra diminuíu nun 2,79% con respecto a hai un ano, logro que atribúen ao diálogo social. Carlos Bellas incidiu tamén na necesidade de pór en marcha o Observatorio Permanente de Accidentabilidade, co obxectivo de coñecer as causas da cada un dos sinistros e en que circunstancias se producen.

Sociedade