Galicia cadra as contas do 2009

Galicia cadra as contas do 2009

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Galicia cumpriu a Lei de estabilidade orzamentaria no 2009. Así o indica o informe da consellería de facenda da Conta Xeral, que será remitido ao Parlamento de forma inmediata. A nosa comunidade é unha das poucas que cumpriu o obxectivo da estabilidade orzamentaria de 2009, e faino cun déficit do 1% do PIB, por debaixo do total do déficit público das administracións do Estado, que pecharon as súas contas cun 11.1%. Núñez Feijoo ind

Por outra banda, a Xunta licita o Auditorio de Lugo, cun investimento de preto de 20 millóns de euros. Desta forma, Lugo deixará de ser a única gran cidade sen Auditorio, e pasará a contar cun edificio de 15.575 m2, distribuído en 7 niveis e diferentes salas: unha principal cunha capacidade para 900 espectadores, outra adicional para 300, ademais de espazos para diversas actividades.  

Asemade, a Xunta presentou o novo Plan de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela e a súa área de influencia. Incluiranse 16 novas rutas en 11 concellos desta área, beneficiando a preto de 180.000 cidadáns. Os usuarios terán a posibilidade de pagar cunha única tarxeta e facer transbordos de forma gratuíta entre autobuses urbanos e interurbanos. O Plan, que conta cunha inversión inicial 12 millóns de euros, porase en marcha a partir do primeiro trimestre do ano 2011, e suporá un aforro medio do 40% en cada billete, máis de 600 euros ao ano para os que utilicen con frecuencia este servizo.

Sociedade