Galicia conta moito na campaña das eleccións

Galicia conta moito na campaña das eleccións
22 de Abril, 2019 - 01:43 h. | Publicada por Radio Fene

Galicia conta moito na campaña das eleccións xerais, segundo o sociólogo e profesor da Universidade da Coruña Xosé Leira. Na comunidade as enquisas anuncian o feito histórico da conversión dos socialistas na primeira forza política, afirma Leira.

ESCOITA O PODCAST:
Xosé Leira, sociólogo e profesor da Universidade da Coruña

O sociólogo fala da fragmentación na dereita e na esquerda como unha das características novedosas dstes comicios. Agarda un incremento da participación e apunta ás incógnitas como os pactos posibeis entre as forzas políticas despois da cita coas urnas.

As eleccións xerais celébranse o vindeiro domingo. Esta noite e mañá martes debaterán na televisión os candidatos á presidencia do goberno do PSOE, PP, Ciudadanos e Unidas Podemos. As últimas eleccións xerais celebráronse en 2016. Gañou daquela o Partido Popular con caseque oito millóns de votos, por cinco millóns e medio do PSOE. Daquela Unidos Podemos logrou o apoio de cinco millóns de cidadáns e tres millóns escolleron a papeleta de Ciudadanos. Votou daquela o 69,03% da poboación. O vindeiro domingo de novo eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e ao Senado.

Institucional

Publica o teu comentario agora