A Galicia dos mosteiros esquencidos

A Galicia dos mosteiros esquencidos

01 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Somentes oitenta e cinco quilómetros ten de altura o triángulo dos mosteiros esquencidos de Galicia. Trátase de tres cenobios creados entre os séculos XI e XII que tiveron importancia capital na época e que hoxe sobreviven ao esquecemento. Os ollos dos peregrinos e dos indíxenas diríxense cara Caaveiro e pousanse na catedral de Santiago de Compostela ou na praia das Catedrais en Ribadeo, esquencendose de mosteiros que foron no seu dia centros da vida relixios

Os pementos do Couto

No século doce comeza a etapa de esplendor do Mosteiro de San Martiño de Xubia no Couto en Narón.  Nos  primeiros  anos  deste  período,  os   Condes  de  Traba  consolidaron  e  financiaron  a  reconstrución  sobre  os  restos  do  templo  orixinal.  No  ano  1137  o  novo  mosteiro  foi  doado  á  orde  de  Cluny. Iniciábase  así,  inesperadamente,  a  etapa  de  maior  apoxeo  do  Mosteiro  co  comezo  do  priorado. Nos  conseguintes  anos,  a  San  Martiño  de  Xuvia  viñan  retirarse  fillos  de  reis  e  distintas  personalidades  da  alta  nobreza.  Frei  Martín  Sarmiento  hospedouse  no  Mosteiro  mentres  facía  o  Camiño  de  San  Andrés  de  Teixido.  O  prior  preparou un  suculento  guiso  ao  que  engadiu  uns  pementos.  Pero  o  ingrediente  estrela  foi  todo  un  fracaso,  xa  que  o  convidado  quedou  tremendamente  adoecido  co  seu  picor.  Disque  esa  noite  o  prior  soñou  con  San  Martiño. Recomendoulle o santo que  ao  ano  seguinte  volvese  invitar  ao  ilustre  personaxe  e  os  pementos  xa  non  picarían.  Así  foi,  e  doce  meses  máis  tarde  o  milagre  fíxose  realidade.  Unha  segunda  versión  (un  pouco  máis  crible)  afirma  que  o  prior  pasou  aquel  ano  enteiro  facendo  diferentes  seleccións  de  sementes  ata  que  deu  coa  combinación  duns  pementos  máis  doces.

 (continuará)

Sociedade