Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira

Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira
17 de Outubro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Para Galicia e para o Norte de Portugal a eliminación da fronteira é un territorio de grandes oportunidades, segundo o historiador Ramón Villares. Habería que traballar para crear un sentido de tradición cultural e lingüística. Un territorio necesita tamén dun certo respaldo institucional, salienta o autor do libro “Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira”, recentemente publicado pola editorial Galaxia.

Cambedo. Un dos povos promíscuos, galegos ata 1864

Ramón Villares referiuse ao século XII cando se formaron o condado norte na actual Galicia e o condado sur entre o Miño e o Douro. Para o historiador, non  era inevitable que Galicia e Portugal formasen estruturas políticas diferenciadas. Villares presenta o volume “Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira” este mércores ás sete e media da tarde na Central Libreira da rúa Dores de Ferrol. Acompañarán ao autor a profesora de Ensino Secundario Malay Sobrín e o profesor universitario Martinho Montero Santalha. 

 

Na imaxe, placa en Cambedo. Xunto con Soutelinho da Raia e Lama de Arcos, que foron galegos ata 1864, cando pasaron a ser portugueses. A placa lembra a solidaridade da veciñanza de Cambedo que acolleu a resistentes contra a ditadura de Franco, ata que en decembro de 1946 sofriron un ataque conxunto da policia franquista e salazarista.

Cultura

Publica o teu comentario agora