Galicia será a primeira Comunidade Autónoma con teito de gasto

Galicia será a primeira Comunidade Autónoma con teito de gasto

08 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Galicia terá teito de gasto. Así o anunciou esta mañá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen fixou o implantamento desta nova medida para o ano 2012, adiantándose deste xeito á propia reforma da Constitución.

Este teito de gasto, fixado en 9.172 millóns de euros, será o límite máximo de gasto que pedirán ao Parlamento, unha medida coa que tratan de "non gastar máis do que temos, e pagar o que debemos". 

 

 

Na rolda de prensa tamén estivo presente a Conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, quen definiu esta medida como un exercicio importante de "transparencia" co que o goberno trata de "disciplinar" tanto a elaboración do orzamento como o gasto feito pola comunidade.  

 

Con esta medida, o goberno de Galicia pretende guiar os orzamentos do vindeiro ano, pero tratando de manter ao mesmo tempo as cuantías de investimento real e investimento capital, ademais de seguir cumprindo o déficit público, e seguir pagando todas as facturas, demostrando a solvencia da nosa comunidade.

Institucional