Galicia ten 7 casos cando se conmemora o Dia Mundial da Lepra

Galicia ten 7 casos cando se conmemora o Dia Mundial da Lepra

26 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Dia Mundial da Lepra conmemorase este domingo. Na area sanitaria de Ferrol non apareceu no último ano ningún paciente desta doenza, pero en Galicia detectáronse 7 casos actualmente en vixianza e tratamento, segundo salienta o dermatólogo do Arquitecto Marcide, Miguel Cabanillas. A lepra ten cura dende os anos 40 pero resístese a desaparecer.

Galicia detectou na actualidade sete casos de lepra, unha enfermedade que ainda padece un estigma social porque provoca nalgún caso deformidades e chagas na pel, e por un compoñente cultural. En moitas relixións viviase a lepra como un castigo divino. Segundo o doutor Cabanillas, dos 7 casos detectados en Galicia, 6 proceden de Brasil.

Coñecida xa polas antigas civilizacións de China, Exipto e a India, a lepra chegou a Occidente da man do exército de Alejandro Magno e resístese a desaparecer. A pesar de que ten cura desde a década dos 40 e hai anos que deixou de ser un problema endémico, segue presente nas consultas dos médicos galegos. Mañá domingo celébrase o Dia Mundial da Lepra.

Sociedade