Galicia terá o seu propio Centro Unesco

Galicia terá o seu propio Centro Unesco

25 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O proxecto de crear un Centro Internacional pola Paz (Lar da Paz) no Mosteiro de Herbón atópase máis preto de converterse nunha realidade despois de que Galicia recibise o visto e prace para pór en marcha o seu propio Centro Unesco. Esta autorización supón “a plasmación dun soño que viñamos promovendo desde hai tempo e que formulamos oficialmente en 2010”, explica o presidente do Seminario Galego de Educaci&oa

O Centro Unesco Galicia convértese na “cuarta pata” do Centro Internacional pola Paz que, se todo vai segundo o previsto, abrirá as súas portas nun prazo máximo de tres anos. Os outros tres piares sobre os que se sustenta o proxecto son a Fundación Cultura de Paz, a Cátedra Unesco de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da Universidade de Santiago e o propio Seminario Galego de Educación para a Paz. A orde franciscana do Mosteiro de Herbón, en Padrón, cedeu para este proxecto máis de 1.000 metros cadrados que serán reconvertidos nun espazo polivalente con salón de actos, museo, sala de exposicións, biblioteca e videoteca para desenvolver actividades formativas e divulgativas arredor da paz.

Sociedade