Galiciagay deixa a Núñez Feijóo ás portas do podio da beleza

Galiciagay deixa a Núñez Feijóo ás portas do podio da beleza

12 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Substituir a outro dos homes máis desexados, Hugo Silva, como protagonista da serie “Los Hombres de Paco” valeulle ao actor coruñés Mario Casas para que millóns de ollos reparasen na súa beleza. A súa faciana decora as carpetas de incontables adolescentes e tamén fascina aos visitantes do portal www.galiciagay.es, que veñen de nomealo como galego máis guapo do ano. Mais a

Mario Casas, o galego máis apreciado pola web dirixida ao colectivo gay obtivo 3.702 votos no enquérito, relevando a Martín Rivas como o máis desexado. Con todo, o actor de “El Internado” mantense en segunda posición.  O terceiro posto é para o modelo compostelán, Rudy Lamas. Entres os 16 personaxes que recibiron votos figuran nomes como os dos actores Luis Tosar e Tamar Novas, o xornalista Raúl Quián ou os deportistas Carlos Pérez e Óscar Pereiro.

Sociedade