Galletas Por + vida

Galletas Por + vida

13 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

POR+VIDA vai participar por segundo ano consecutivo no III Mercado de Nadal de Neda. Igual que o ano pasado van ofrecer información da sociación e vender productos relacionados co Nadal, obras saídas dos obradoiros de arte floral e de repostería que rematan hoxe mesmo, con gran éxito de convocatoria.

41 persoas reuniron nos obradoiros, as mesmas que durante a fín de semana atenderán o posto do mercado navideño de Neda. A presidenta de Por + vida, Rosa Graña, fálounos dalgún dos preciosos adornos que venderán nesta cita, como bolas para as árbores de Nadal, centros florais, beléns con fofuchas, bonecos de neve ou galletas navideñas.

Por + vida é unha asociación que reúne a enfermos ou ex enfermos-as de cancro, sen ánimo de lucro, que destinará os cartos recadados a novas actividades da asociación. Convidan a toda a xente da comarca a que se anime a pasar por este mercado e a apostar polas compras no pequeno comercio.

Sociedade