Galpóns e piscinas

Galpóns e piscinas

07 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O PPdeG rexeitou dúas propostas do BNG e do PsdeG, apoiadas por AGE, para instar á Xunta a que reclame ao Goberno a "inmediata" paralización do proceso de regularización catastral que leva a cabo o Ministerio de Facenda, que a oposición tacha de "catastrazo" e que provoca "tremenda preocupación" no rural, e para demandar ao Ministerio de Educación que cambie os baremos para optar a bolsas e que os fillos de gandeiros non se

Pola súa banda, Pablo García (PSdeG) pediu que con estas propostas "non se entenda que os habitantes do medio rural non teñen que pagar impostos", senón que considera que deben aplicarse dunha forma "racional". Isabel García Pacín (PPdeG) mostrou o rexeitamento do seu grupo porque esa medida de Facenda segue a "aplicación exhaustiva e racional das normativas vixentes" asegurou. Así mesmo, defendeu a súa posta en marcha en Galicia porque afloraron "3.500 piscinas" non declaradas.

Sociedade