A Garda Civil achégase a Vilalba para amosar á mocidade os servizos que presta á sociedade a través dun simulacro

A Garda Civil achégase a Vilalba para amosar á mocidade os servizos que presta á sociedade a través dun simulacro

26 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Garda Civil de Lugo levou a cabo un simulacro das súas actividades no campo da feira do Concello de Vilalba ante a atenta mirada duns 700 rapaces e cativos dos diferentes centros educativos da vila chairega. Este evento enmárcase dentro da tarefa de promoción dos diferentes corpos e servizos d o Instituto Armado, ademais de promover un maior coñecemento das tarefas que fai en pro do mantemento da seguridade da sociedade.

Esta tarefa foi destacada polo Subdelegado do Goberno en Lugo, José Manuel Vázquez Portomeñe, cando estableceu que “actos como este son importantes para amosar á sociedade o importante papel que este organismo leva para o mantemento da orde e da seguridade de todas as persoas que viven no noso entorno”.

Do mesmo xeito amosáronse  diversos responsables do Instituto Armado, que estableceron que “estas xornadas de convivencia son importantes para achegarse á xente nova de forma lúdica. A través de actuacións como esta buscamos que haxa unha boa información e unha relación estreita coa sociedade, para que poidan coñecer os distintos servizos que lle prestamos”.

Na capital da chaira déronse cita todos os colectivos que forman parte da Garda Civil, posto que se atopaban membros do Seprona, da Garda Civil de Tráfico, da unidade de Montaña, así como as de detección de explosivos, de rastrexo, antidroga, o corpo de buceo ou mesmo persoal do aire, entre outros.

Precisamente, a primeira das actividades que formaron parte do simulacro foi a mostra de aterraxe dun helicóptero, na que os pilotos deron mostras da súa pericia, ademais de ensinar aos pequenos os diferentes elementos e habitáculos que tiña o vehículo aéreo.

En segundo lugar interviron as forzas de montaña, que levaron a cabo un simulacro de rescate en profundidade, para deixar paso a unidade canina que amosou cómo é que os cans poden levar adiante a detención de explosivos e de droga. No mesmo Pavillón Municipal, persoal deste corpo de seguridade do estado fixo unha pequena demostración das diferentes técnicas de defensa persoal e de detención dun fuxitivo, mediante as técnicas de control de paso e de prevención de agresións. Por último, tiveron lugar unha serie de conferencias sobre a prevención dos delitos e o uso responsable de Internet, así como sobre drogas e da existencias dos problemas sociais derivados delas.

Ademais de Portomeñe presenciaron o acto o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, o primeiro tenente de alcalde, Jesús Bermúdez, e o edil de cultura, José María Leira Boado. Aos representantes da corporación municipal acompañounos o responsable da agrupación socialista de Vilalba e director xeral do Centro Tecnolóxico e Agroalimentario de Lugo (CETAL), Eduardo Vidal.

Sociedade