Gastronomía e deporte conviven no Spinnaker

Gastronomía e deporte conviven no Spinnaker

03 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A gastronomía únese ao programa deportivo do Spinnaker 2009. A iniciativa promovida pola Asociación Veciñal de Covas, celebraráse entre este mércores 5 e o sábado 8 de agosto no peirao de Curuxeiras en Ferrol.

As degustacións gratuitas de produtos autóctonos da man dos establecementos integrados na “Ruta do pincho de Covas”, serán as protagonistas desas xornadas. A cooperativa do Val e maila confrariía de Pescadores de Ferrol tamén quixeron colaborar cn esta proposta tan apetecible, e na fin de semana poderanse degustar pementos do Couto e ameixa da ría.

Malia que o Spinnaker foi ideado como unha cita deportiva, calquera iniciativa en favor da promoción de Galicia é ben recibida. Así que esta semana teñen unha cita coa mellor gastronomía da comarca.

Sociedade