Gerardo Calviño, un arquitecto innovador

Gerardo Calviño, un arquitecto innovador

16 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O arquitecto Gerardo Calviño foi un innovador na súa época. Collendo as ideas de Le Corbusier, planificou un barrio de Caranza cheo de zonas verdes e de espazos humanizados, algo moi extrano na época. Tamén elaborou o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol (A Coruña) en 1962.Calviño naceu en Fene e reside na actualidade en Madrid.

Preveía que a entrada a Ferrol desde Fene se realizase pola ribeira do mar bordeando Caranza e derribando o muro do estaleiro e do Arsenal. Chegaríase á cidade a través do Cantón de Molíns e non na estrada de Castela, evitando ao mesmo tempo que a avenida das Pias se convertise nunha barreira entre Caranza e O Bertón.

Sociedade