Gipsy jazz

Gipsy jazz
27 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

'Tone it down' é título da canción que abre o novo disco de David Regueiro titulado ‘Perfect Match!’. No programa Sons de Nós falamos cun dos intérpretes e compositores de maior proxección a nivel ibérico da escena do gipsy jazz. Aquí podes escoitar a entrevista.

ESCOITA O PODCAST:

‘Perfect Match!’ é, ademais do título do álbum de estudio do trío liderado polo guitarrista ourensán, o resultado da colaboración xurdida entre o propio Regueiro e o recoñecido violinista belga Alexandre Cavaliere, unha das figuras máis relevantes, a nivel internacional, do jazz manouche.O estilo que agromou da guitarra de Django Reinhardt e no que Regueiro desenvolve a súa voz propia ao incorporar influencias do swing americano ou do be-pop. Unha das cancións do seu novo disco está adicada á súa nai, tal e como explica David Regueiro en Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora