Glutamato Yeyé soará en Ponferrada o 13 de xuño

Glutamato Yeyé soará en Ponferrada o 13 de xuño

04 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A música de Glutamato Yeyé trasladarase a Ponferrada o vindeiro 13 de xuño. A banda madrileña está a preparar un concerto na cidade castelá, ao que asistirán preto de 20 glutamateiros para apoiar e desfrutar co directo deste insigne grupo da movida dos anos 80, que saltará ao escenario da sala La Vaca sobre as 00.00 horas.

Pero a visita non consistirá so en escoitar e animarse cos ritmos rockanroleiros de Glutamato Yeyé, senón que haberá espazo para a cultura e o bo xantar. O Palacio de Canedo e as bodegas de “Prada a Tope” acollerán a esta delegación especial cunha boa mostra das viandas leonesas, xa que os visitantes poderán degustar os pementos asados e os viños ponferradinos. Ademais, a viaxe tamén incluirá unha visita ao Castelo e á zona vella da vila.

 

A saída para todos os que se inscribiron nesta actividade músico-cultural será ás 16.00 horas do mesmo 13 de xuño na praza de Suso Gayoso.

Sociedade