Goleada

Cultural Maniños 8- O Val B 0. Goleada das rapazas fenesas.
14 de Xaneiro, 2020 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños feminino segue na súa liña, con dúas victorias e un empate que as mantén na batalla por estar arriba, aínda que van so tres xornadas.

ESCOITA O PODCAST:

O sabado ás 16.30h visita o Maniños feminino ao Libunca, un equipo novo clasificado no penúltimo lugar da táboa.

O Cultural Maniños que vai ben con duas victorias e un empate no seu haber. "Non hai queixa" para o seu técnico, Carlos Gómez, e menos despois da abultada victoria conquerida na terceira xornada fronte ás xogadoras de O Val B. O marcador acabou Maniños 8- O Val 0. Uns números que dan conta do dominio das fenesas durante todo o encontro.

No caso do Maniños, agardan a Angela, que atravesa o último tramo da súa recuperación e agardan que en quince dias poida incorporarse, cando menos, aos adestramentos. O Maniños é terceiro na clasificación. Empatado a 7 puntos co Caranza, que van cuartas. (Na imaxe, os técnicos do Maniños feminino, David Montero e Carlos Gómez).

Deportes

Publica o teu comentario agora