Goles prodixiosos

Goles prodixiosos
19 de Xuño, 2023 - 10:50 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío, campión de Copa. Cun 3-1 derrotou ao Cebarca nun partido de fútbol que congregou a 1.300 espectadores no campo da Gándara en Ferrol. O equipo dos Pinares logra un gran colofón á tempada, despois de lograr o ascenso á Primeira Galicia. O título, que non puido lograr en tres finais anteriores, chegou da man dun “hat trick” de Iván San Emeterio, tres goles prodixiosos que achegaron un trofeo moi desexado. Colgou as botas o capitán Rubén Varela, un xogador ao que a afección respecta e admira pola súa carreira,  "un compañeiro impresionante" par ao adestrador Gonzalo Beceiro.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe

O Perlío saíu con máis decisión no inicio do partido e logrou un primeiro tanto. Os de Gonzalo Beceiro cederon a posesión, esperando algunha contra letal. Pero os da Barqueira lograron bater a Rafa Afonso. De novo o Perlío tomou o mando do encontro pero as táboas mandaban no marcador ao descanso. Aos dous minutos da segunda metade, o arbitro sinalou un penalti na área do Cebarca. Non fallou Iván , pero os de Mario López seguiron intentando. Á contra, sentenciou o Perlío. Campións de Liga e campións de Copa. 

 

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora