Golpe de autoridade do Narón

Golpe de autoridade do Narón

13 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Narón deu onte un golpe de autoridade ao vencer con contudencia ao lider da Terceira División de fútbol, o Deportivo B. Fíxoo en Abegondo, nos campos do Mundo do fútbol, na casa do Fabril. Gañou na casa do filial deportivista, e colócase quinto na clasificación con 26 puntos, empatado co cuarto o Pontevedra B, á espera dos resultados dos partidos que se celebran hoxe domingo.

O Narón adiantouse no marcador cos goles de Pablo Rey e Santi Silvar, chegando ao descanso cun 0 2 que reflexaba o ocurrido no terreo de xogo. Pero pouco antes do remate da primeira parte, a expulsión de Javi Redondo deulle folgos ao Fabril, ao verse en superioridade numérica. Iso durou ata que Chirri tamén veu o cartón bermello, e entón as forzas se igualaron e a tranquilidade volveu ás filas do Narón.

Deportes