Gomá e o transfundo da Guerra Civil: “En Roma non nos entenden”

Gomá e o transfundo da Guerra Civil: “En Roma non nos entenden”

08 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Un dos documentos máis relevantes da historia recente do episcopado español cumpriu 75 ano a pasada semana. Os bispos españois subscribiron con data do 1 de xullo de 1937 a carta colectiva a prol do alzamento militar das tropas de Franco. O encargo dese texto asumiuno o primado da Santa Sé en España, o cardeal Isidro Gomá y Tomás. O sacerdote ao que se deu en considerar un dos artífices do nacional-catolicismo español, non só gardou ese d

A colección é clave para comprender o transfundo relixioso da Guerra Civil e os primeiros anos do Réxime de Franco pois reúne a correspondencia e a documentación conservada no arquivo persoal de Isidiro Gomá e Tomás (1869-1940), o arcebispo que foi nomeado en decembro de 1936 representante da Santa Sé ante Franco. Desvela detalles até agora descoñecidos sobre como valoraba e vivía a cúpula da Igrexa algúns dos aspectos máis polémicos do Réxime, tales como a represión, os nacionalismos, a educación, a muller, o papel da Falanxe ou a influencia do nazismo en España.

O cardeal Isidro Gomá mantivo unha intensa e fluída correspondencia cos principais bispos galegos da época, especialmente co arcebispo de Santiago de Compostela, Tomás Muniz. Ademais, visitou Galicia o 25 de xullo de 1937 para responder á ofrenda do Día do Apóstolo. Tratábase da primeira ofrenda que se realizaba oficialmente en nome do Xefe do Estado despois de que a suprimise a República.

O arquivo, que se custodia en Toledo, fora aberto a moi poucos historiadores. Agora, tras a súa edición, converteuse nunha das coleccións documentais máis citadas nos estudos sobre a Guerra Civil española. Ademais, está dispoñible nas principais bibliotecas e na rede de arquivos estatais. En Galicia está en dispoñible, entre outras, na biblioteca do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”.

Sociedade