Goma 2, pioneiros nos 70 do rock en galego

Goma 2, pioneiros nos 70 do rock en galego

10 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Na década dos 70 era raro que as bandas do país mesturaran rock e lingua galega. Non era o caso de Goma 2, xermolo xunto a NHU do rock bravú. Estes precursores nacen en Portonovo, inicialmente co nome de Os Vieiras e como grupo de gaitas; rebautízanse, fanse chamar Brebaxe e percorren as verbenas a mediados dos 70. Xa a finais desta década, Manuel Uhía -baixo e gaita-, Carlos Carballa -batería e percusión-, X

A pesar da falta de medios, Goma 2 fanse famosos tras abrir os directos de Miguel Ríos en Ponteareas e Triana en Pontevedra e Noia, así como por encabezar o cartel do Porto Rock Novo. En 1979 trasládanse a Madrid e gravan da man do selo Movieplay o seu único álbum, Galiñeiro. Nel inclúese cortes de rock progresivo como “Fusión”, ou hits máis festeiros como “O Galiñeiro”. Son pioneiros en mesturar o rock de guitarras coa gaita. Outra mostra do seu son pre-bravú é “A Illa”.

Como bos precursores do rock que mama da terra e que defende a loita social, tamén inclúen no seu Galiñeiro temas reivindicativos. Como exemplo “Basta Xa”, no que denuncian a contaminación da ría.

Ao pouco de ter editado o seu traballo, Goma 2 tiveron oportunidade de saír no programa televisivo Aplauso, pero foron desbotados porque o seu nome podíase interpretar como apoloxía do terrorismo.

A comezo dos 80 o servizo militar e discrepancias coa discográfica fan que Manuel Uhía, Carlos Carballa, Xerardo Gónzalez, J. Ramón Chouza e Samuel Donsión abandonen Goma 2, iso si, deixando para a historia o primeiro álbum integramente en galego e no que se mesturan rock e gaitas.

Cultura