Gozar co fútbol a pesar de todo

Gozar co fútbol a pesar de todo
16 de Xuño, 2020 - 11:24 h. | Publicada por Radio Fene

Se naciches entre 2002 e 2014 e che gusta o fútbol, ven gozar con nós. Así chama o Cultural Maniños aos nenos e nenas para a súa canteira.

ESCOITA O PODCAST:

Inscripción nas categorías de base

Pouco se pode facer de momento pero o Cultural Maniños prefire que Deus os colla confesados e vai planificando a nova temporada ata onde se pode. De momento ven de abrir o periodo de inscripción para as categorías de base. Todos os nenos e nenas que naceran entre os anos 2002 e 2014 e lles guste o fútbol, poden gozalo no Maniños na temporada 2020-2021. O directive do Cultural Maniños, Alfredo Fernández, declara que queren manter todas as categorías que tiña o club, desde prebenxamín ata xuvenís. A temporada pasada o Maniños contaba cunhas 180 licencias, incluído o futbol feminino. “Con todas as dificultades consabidas, hai que tirar para adiante” afirma Fernández para quen a incertidume sigue aí porque descoñecen cando empezará a competición, pero “hai que estar preparados e pendentes dos criterios que se establezan pola crise sanitaria".

O primeiro equipo

Ao referirse ao primeiro equipo que xogará na Primeira Autonómica a próxima temporada, Alfredo gostaría dunha única liga pero é consciente de que “son 21 equipos que empezarán máis tarde do habitual e polo tanto non será posible”. Supónse que se dividirá en dous grupos de 11 e 10 equipos respectivamente e haberá primeira e segunda fase. Polo que sabe, de momento non está convocada a Asemblea Xeral da Federación Galega de Fútbol que habitualmente se reunía no mes de xullo. “É lóxico que non se convoque aínda porque están traballando na adecuación dos grupos e no deseño da competición. Hai moito que facer”, argumenta Alfredo.

Deportes

Publica o teu comentario agora