Gradas novas en Centieiras

A obra custou 40.000 euros.
12 de Novembro, 2019 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene conclúe as obras de acondicionamento das gradas anexas á nova pista cuberta de Centieiras e do seu acceso. A Administración local investiu 57.000 euros procedentes de fondos propios.

O Concello de Fene vén de recepcionar as obras de acondicionamento das gradas anexas á nova pista cuberta de Centieiras, en Perlío. Unha intervención orzamentada nuns  40.000 euros, necesaria polo estado de deterioro das instalacións. A actuación contemplou a súa limpeza, aplicación dunha capa de fibra e formigonado. Así mesmo, os laterais cubríronse con madeira para manter a estética da recén estreada cuberta instalada polo Concello, cuberta na que se investiron outros 300.000 euros procedentes do superávit. Así mesmo, a actuación nas gradas completouse coa reforma e acondicionamento da entrada máis próxima a este. Creouse para isto un pasillo de formigón duns 4 metros de ancho e 20 de longo, así como unha zona axardinada. Obras ás que o Concello destinou uns 17.000 euros procedentes de fondos propios.

Institucional

Publica o teu comentario agora