A gran calidade da zamburiña

A gran calidade da zamburiña
24 de Outubro, 2019 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

As empanadas de zamburiñas son grandes manxares da costa de Galicia. A zamburiña tamén se prepara con arroz, en guiso, ao forno ou á grella na súa propia cuncha. No porto de Maniños tiñan moita sona as zamburiñas do Mesón da Meiriña.

A textura e calidade da zamburiña

A zamburiña (Chlamys varia) é un molusco bivalvo de aspecto similar ao da vieira aínda que máis pequena. Concentra un sabor e textura de gran calidade. A cociña destes bivalvos é rica e variada. Hai que distinguilas das voandeiras, que teñen as cunchas máis grandes e vermellas e viven mar adentro, metidas no fondo da area, lonxe da praia. A voandeira ten pouca carne e máis dura.  Fausto Galdo no Abecedario das mantenzas recolle este refrán: “Os teus ollos rapaciña, non son pequenos  nin grandes, o mesmo que as zamburiñas que andan nas praias de Rande”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora