A gran esmorga en Golmar - A Laracha

A gran esmorga en Golmar - A Laracha

05 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O  pasado venres as orquestras París de Noia, Ciclón e Olympus congregaron a numerosos mozos e maiores na Festa da Xuventude en Oza (Teo). Os da Laracha non queren ser menos e reunen a catro agrupacións musicais. Ademais organizan unha gran churrascada. A Esmorga contábase con realizar o pasado mércores 31 de marzo, pero o mal tempo obrigou a aprazala e agora celebraráse o venres 9 de abril. Os pronósticos do tempo parece que acompañan á comisión de festas de Golmar e de seguro que congregarán nesa xornada a afeizoados de toda Galicia á música de orquestra.

Sociedade