Grandes ofertas no Outlet de Fene

Grandes ofertas no Outlet de Fene
27 de Febreiro, 2024 - 12:26 h. | Publicada por Radio Fene

Bos produtos a prezos de ganga. Unha vintena de establecementos participarán a vindeira fin de semana nunha nova edición do Outlet de Fene. A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, presentou a iniciativa en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Roupa, calzado, complementos, bisutería…das mellores marcas e a prezos moi atractivos para comezar o mes de marzo. O Outlet de Fene celébrase desde o venres, día 1, ata o domingo, día 3 de marzo. Haberá animación nas rúas a cargo de Airiños de Fene. Agárdase que moitas persoas visiten o comercio fenés atraídas polas oportunidades que ofrece e que, xa de paso, aproveiten para coñecer as obras do Perla Mural Fest que tanta sona lle teñen dado a Fene, sinalou Ángeles Coira. O Concello aposta polo comercio local coa organización desta iniciativa en colaboración coa Asociación de comerciantes O Cruceiro. “Unha oportunidade para dar apoio a todo o tecido comercial e de servizos de Fene”, remarca a concelleira. 

Institucional

Publica o teu comentario agora