A granxa Cavadas SAT Xuga de Xermade acada o título de mellor criador de Galicia

A granxa Cavadas SAT Xuga de Xermade acada o título de mellor criador de Galicia

23 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A mellor pinta de Galicia é xermadina. A vaca Xercas Cav Djalma Stormatic, inquilina da explotación Cavadas SAT Xuga, situada neste municipio chairego,  acadou o título de “Vaca Gran Campiona de Galicia Fefriga 2009”, que se outorgaba no XVIII Concurso Autonómico da Raza Frisona, celebrado no marco da 32ª edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Para este animal os premios non son cousa

Pero os logros de esta granxa chairega non quedaron aí, xa que tamén se lle foi concedido o premio de “Mellor Criador de Galicia”. Estas distincións supuxéronlle a Cavadas 1.800 euros en metálico, dos 10.000 que se repartiron na competición este ano.

 

A Semana Verde tamén deixou outros galardóns para o sector agrogandeiro da Terra Chá. Así, Cando Fania September, da explotación SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza, pode presumir de contar cunha “Mención de Honor” na categoría de “Reserva Gran Campiona”.

Castro de Rei tamén tivo a súa cota de protagonismo e recoñecemento. Fíxoo na categoría “Reserva Gran Campiona” de xovencas, onde a Sandamil M.S Decaer Melany, da SAT Sandamil, foi considerada a mellor de todas as presentadas ao certame.

No tocante ao II Concurso de Peladores, o pastoricense Iván Ferreiros Señor, de 19 anos, acadou o segundo lugar competindo cunha res da gandería Capón de Chantada, tan só por detrás de José María Pérez García, de 25 anos e procedente de Palas de Rei.

Neste XVIII Concurso Autonómico da Semana Verde de Silleda presentáronse un total de 116 animais procedentes de ganderías de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Mentres que no certame de peladores, foron 8 os galegos que optaron ao título.

Sociedade