A Granxa Garabullos de Sistallo inicia a súa tempada de campamentos de verán

A Granxa Garabullos de Sistallo inicia a súa tempada de campamentos de verán

11 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Granxa Garabullos, en Sistallo, Cospeito, comeza a súa tempada de campamentos que durará desde o 28 de xuño ao 5 de setembro. As estancias terán unha semana de duración e están pensadas para que poidan participar nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, organizados en 3 grupos (de 4 a 7, de 8 a 12 e de 13 a 16 anos) e en dúas modalidades, ben participando de 10 a 20 horas ou quedando a durmir no albergue ou en tendas de campaña.

As actividades que se programarán durante os campamentos estarán deseñadas co obxectivo de que os participantes desfruten intensamente da vida no campo e do coñecemento do patrimonio natural e cultural da Terra Chá. Os acampados farán sendeirismo, atenderán as tarefas propias do coidado dos animais e da horta, realizarán obradoiros e visitarán zonas de interese natural e cultural. Outra das súas visitas obrigadas será a unha praia da mariña lucense.

 

As inscripcións poden realizarse a través da páxina web www.garabullos.com ou no teléfono 600.03.49.07, onde atoparán a información máis completa.

Sociedade