A graxa das sardiñas

A graxa das sardiñas
26 de Xuño, 2019 - 08:30 h. | Publicada por Radio Fene

O Pote de Maniños acollerá o venres a sardiñada de San Pedro. Distribuiranse as sardiñas salgadas a partires das nove da noite. Chechu arrufará este sábado a sardiñada da Asociación Veciñal San Ramón de Sillobre.  Comezarán a servirse as sardiñas as oito da tarde no adro da igrexa. Para as persoas socias será de balde e para as non socias a seis euros.

ESCOITA O PODCAST:

Para rematar a sardiñada, o esconxuro da queimada:

http://173.255.131.18/audio/260619SANFIZ.mp3

Sardiñada no Pote de Maniños. 24 de xuño de 2019

Unha semana máis agardan en Fene e en Magalofes. O Circulo de Fene servirá sardiñas cachelos, pan e viño o sábado seis de xullo a partir das oito e media da tarde. O Dúo Horizonte poñerá o punto musical á velada. Tamén o sábado seis de xullo prográmase a sardiñada de San Pedro en Magalofes. Serviranse sardiñas, pan, liscos e viño desde as nove da noite no local social de Magalofes. As persoas socias e colaboradoras pagarán catro euros e as non socias oito euros. Para rematar, música ao vivo con María.

Sociedade

Publica o teu comentario agora