Guadi Galego canta en vísperas do Nadal

A música cedeiresa pecha a xira Immersion hoxe en Narón
18 de Decembro, 2020 - 01:52 h. | Publicada por Radio Fene

Quedan entradas para o concerto de Guadi Galego esta tarde ás 20.30h no Pazo da Cultura de Narón. O concerto suspenderase en outubro. Agora o peche perimetral deste concello deixou algunhas cadeiras baleiras. 

ESCOITA O PODCAST:

Quedan entradas para o concerto de Guadi Galego esta noite en Narón. O peche perimetral deste concello provocou que moitas entradas que estaban vendidas foran devoltas. Por iso a artista convidou hoxe en Radio Fene aos que poidan acudir ao concerto que o fagan.  Esta noite a voz de Guadi Galego escoitarase no Pazo da Cultura de Narón, cun limitado aforo e a partir das 20.30h. “Dame igual que haxa poucas cabezas enmascaradas no patio de butacas. O importante é poder actuar” afirmou a artista de Cedeira.  Aclaróu que cantará as canción de Immersion e non as do último disco “Costuras”, aínda que deixou aberta a posibilidade de cantar unha soa, ao mellor. Costuras empezará a rular no 2021. “Hoxe quero pechar a xira do anterior” concluiu. O concerto de Guadi Galego é unha das ofertas culturais polas que apostou o concello de Narón para entrarmos en paz no Nadal que se aveciña. Para Guadi Galego será o fin da xira “Immersion” un traballo co que leva rulando máis dun ano e que se veu interrumpido polo coronavirus. Agora ten novo disco “Costuras”. Hoxe no exterior do pazo naronés venderanse discos asinados por ela, un bo agasallo de amizade para este Nadal. 

 

IMMERSION é unha revisión en sete línguas afíns a Guadi Galego, por territorio, cultura e emoción. Son once temas os incluídos neste traballo xa editados en anteriores CDs e un tema inédito. O disco fuxe dos moldes e se abre a un mundo plural de posibilidades artísticas e de sentimientos. Para conseguirlo bota man de múltiples colaboraciones e do seu talento. Os idiomas que se poden escoitar en IMMERSIÓN son Castelán, Galego, Asturiano, Euskera, Catalán, Portugués e Occitano-Aranés. As voces que acompañan a Guadi no disco IMMERSION son as de Álex Ínsua, Judit Neddermann, Clara Peya, Vega, Iván Ferreiro,Silvia Quesada, Alidé Sans, Lisandro Aristimuño, Mikel Urdangarín, Andrés Suárez,Ana Bacalhau, Sisters In The House e Xabier Díaz.

Cultura

Publica o teu comentario agora