A Guarda acolle hoxe a inauguración da III Mostra de Teatro non profesional do Miño

A Guarda acolle hoxe a inauguración da III Mostra de Teatro non profesional do Miño

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Grupos escolares e amadores de teatro teñen unha cita a partir de hoxe nas terras baixomiñotas. Os concellos de A Guarda e Tomiño acollen a III Mostra de Teatro non profesional do Miño, que reúne a amantes da arte dramática tanto galegos como portugueses. Ás oito e media da tarde terá lugar o acto de inauguración no IES da Sangriña para dar comezo

Este evento xurdiu co obxectivo de converterse en plataforma que permitise a grupos teatrais non profesionais de Galicia e Portugal (ou calquera outro lugar da Lusofonía) ampliar o circuíto de representacións, tan reducido e limitado ao ámbito máis local. Esta mostra premia os mellores traballos presentados, pero por riba de todo homenaxea o esforzo e a ilusión de millares de persoas que dedican boa parte do seu tempo e paixón ao mundo do teatro, como comentou en Radiofusión unha das organizadoras da cita e integrante da Asociación Cultural Feixó de Araúxo, Marisa Guerra.

PROGRAMACIÓN

23 DE ABRIL

20:30 - IES da Sangriña (A Guarda)

-Acto de Inauguración.

24 DE ABRIL

20:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):

- Dormes?. IES Manuel García Barros (A Estrada)

22:00 - IES da Sangriña (A Guarda):

-Conversas na cuneta mentras a vida pasa alá fora. O Trasno. Novo teatro (Vigo)

25 DE ABRIL

20:30 - IES da Sangriña (A Guarda):

- Ponte da Lima em Festa. Associação Cultural Unhas do Diabo. (Ponte da Lima)

22:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):

- A magia da inocência. Associaço Cultural e Recreativa de Arcozelo. (Ponte da Lima)

26 DE ABRIL

18:00 - IES da Sangriña (A Guarda):

-Adeus Kantor. Asociación Teatral Paso de Valverde (A Coruña)

20:00 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño):

-Auto da Hibris. Associaçao Juvenil de Deão (Viana do Castelo) & Lohengrin Teatro (Vigo)

21:30:

- Premio do público e peche.

 

 

Cultura