Guillerme Vázquez: “É un escándalo o que está acontecendo”

Guillerme Vázquez: “É un escándalo o que está acontecendo”

17 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O BNG ven de presentar a emenda á totalidade á modificación da Lei de Caixas de Galicia. O obxectivo é restaurar a legalidade, respectando a idade máxima de xubilación e profesionalizando as entidades, para que nos órganos das caixas non existan políticos en activo. Os nacionalistas pretenden que se cumpra a Lei de Caixas galega e a Lorca, e consideran que esta modificación vulnera as dúas. Así o indicou esta mañá o p

Para o BNG non parece razoable que a nova Caixa manteña aos mesmos actores e considera un escándalo o feito de que o Parlamento modifique unha lei para dar satisfacción a intereses persoais. Asemade, os nacionalistas lamentan a incoherencia política do Partido Popular, e non comparte nin cre necesaria a súa proposta. Consideran que a finalidade da Lei de Caixas era facer destas instrumentos ao servizo da economía do país, e por iso os nacionalistas fan esta proposta. Guillerme Vázquez subliñou a posición do PSOE que, no seu momento, acusou ao BNG de cómplice do Partido Popular, e fixo fincapé en que o tempo demostrará quén e o verdadeiro cómplice.

Por outra parte, os nacionalistas valoran positivamente a dimisión do tenente de alcalde de Ourense, xa que con este xesto asume responsabilidades políticas. Vázquez indicou que neste asunto non acepta ningunha lección do Partido Popular, un partido incapaz de condenar o transfuguismo, como o que ocorreu en Gondomar.

Sociedade