Guillerme Vázquez esixe en Ferrol a retirada da Reforma Laboral

Guillerme Vázquez esixe en Ferrol a retirada da Reforma Laboral

14 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O líder do BNG, Guillerme Vázquez, esixíu onte en Ferrol a retirada da reforma Laboral. Na sua intervención na Praza do Himno Galego de Esteiro, dirixíuse ao Goberno Central, aos traballadores e traballadora e tamén aos pequenos empresarios e autónomos.

O goberno debe retirar a reforma laboral, segundo salientou en Ferrol o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez. Primeiro referiuse aos recortes de dereitos dos traballadores, á facilidade do despido  e á diminución dos salarios.
Vázquez fixo tamén unha advertencia aos pequenos empresarios e autónomos, afirmando que a perda adquisitiva dos traballadores repercute directamente no consumo.
O dirixente nacionalista participou nun acto celebrado na Praza do Himno Galego en Esteiro, dentro da campaña iniciada polo bloque hai uns dias contra a Reforma Laboral..

Sociedade