Guillerme Vázquez: Hai pobo, hai vida, hai esperanza

Guillerme Vázquez: Hai pobo, hai vida, hai esperanza

04 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha mensaxe optimista quixo transmitir o voceiro do BNG Guillerme Vázquez que esta tarde interveu no acto de homenaxe a Pancho Allegue, concelleiro nacionalista de Fene falecido hai 4 anos. Vázquez calificou como os novos Atilas aos que queren acabar co idioma galego, facer depender do exterior ás caixas de aforro galegas e "permanecen cos brazos cruzados mentras se aniquila á producción de leite en Galicia".

O representante nacionalista resaltou a reacción de numerosos cidadáns diante deses ataques, e "mentras hai pobo, vida e esperanza" segundo afirmou. Ao acto asistiron máis de 300 cidadáns de Fene que escoitaron a intervencion do voceiro do grupo municipal do BNG de Fene Manuel Polo. Integrantes do obradoiro literario de Fene deron lectura ás súas poesias e as cantareiras Xirifeiras interpretaron cancións galegas.

Francisco Allegue foi membro do comité de empresa de Astano, presidente da Asociación de Viciños de Fene e tenente de alcalde de Fene. Faleceu de xeito repentino o 4 de setembro do 2005.

Sociedade