Guillerme Vázquez visita aos folguistas de fame nas Pontes

Guillerme Vázquez visita aos folguistas de fame nas Pontes

19 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acusou hoxe ao Goberno Central de pretender confundir á opinión pública galega dicindo que o Decreto do Carbón non nos afectará. Vázquez, pola contra, afirma que sí prexudicará a Galiza e pon en perigo miles de postos de traballo. Guillerme Vázquez visitou esta mañá aos dous sindicalistas da CIG, Fernando Blanco e Alberte Tallón, en folga de fame indefinida fronte ao Conc

A delegación do BNG, integrada polo portavoz do Grupo Parlamentar, Carlos Aymerich, e polos deputados Henrique Viéitez e Ana Luisa Bouza, expresoulle o seu apoio e solidariedade aos sindicalistas da CIG así como aos camioneiros pechados no concello.

Neste sentido, o portavoz nacional do BNG salientou que os sindicalistas da CIG están dando un exemplo de dignidade, de loita fronte a tanta confusión e a tanta traizón aos intereses de Galiza. Polo tanto, "como BNG -subliñou- nós seguimos dicindo que este decreto é inxusto, que é un decreto político que vai contra os intereses do noso país e que debe ser retirado ou modificado de maneira que se poida continuar coa actividade das centrais térmicas galegas”.

Ademais, Guillerme lembrou que o BNG deu un debate no Congreso dos Deputados, propoñendo a modificación do Decreto antes de que estivera aprobado e hai que dicir que PP e PSOE non aprobaron a iniciativa do BNG, afirmou.

O BNG esixiralle explicacións ao ministro de Industria esta tarde no Senado.O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, dirixirase esta tarde no Pleno do Senado ao ministro de Industria, Miguel Sebastián, para esixirlle explicacións e demandarlle unha modificación do Decreto do Carbón, ou a súa retirada, para evitar que se poñan en perigo miles de postos de traballo en Galiza.

Sociedade