ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Gwennyn declara que o bretón permítelle procurar as emocións internas porque é a súa lingua nai, pero que lle resulta un handicap no mercado francés. Durante a súa estadía en Galicia descubriu que, así como lle aconteceu noutros países célticos, a música en linguas minoritarias é moi ben aceptada no noso país. Ademais, a artista apadriñada por Allen Stivel considera que, en cuestión
Unha voz moi particular pasou por Radiofusiòn. Non só pola súa calidade, senón tamén pola súa orixe: Bretaña. En bretón, francés ou inglés exprésase a música de Gwennyn. Gran revelación da vizosa escena musical bretoa co seu primeiro álbum, que lle valeu o premio á mellor artista nova do país, en maio deste ano publicou o seu segundo traballo, “Mammen” ou “Matriz” en galego. Trátase dunha modernización do folk bretón pasado pola peneira do rock e o pop.
Gwennyn amosa interese polo folk galego e, malia que xa coñecía ben a Carlos Núñez e Susana Seivane, durante a súa primeira visita a Galicia aproveitou para descubrir tamén a discografía de Berrogüetto e Guadi Galego, entre outros. Atenta á amistosa rivalidade entre os festivais de Lorient e Ortigueira, a intéprete bretoa devece por ter a oportunidade de pisar as táboas do gran concerto galego agora que xa foi quen de debutar no evento bretón.