Haberá Cantos na maré a finais de setembro

Haberá Cantos na maré a finais de setembro
21 de Agosto, 2020 - 12:50 h. | Publicada por Radio Redondela

Uxía é a directora artística do Festival internacional da lusofonía Cantos na Maré que todos os anos se celebra en Pontevedra. Proximamente se anunciará o formato, pero esta mañá Uxía adiantounos que haberá Festival da música atlántica a finais de setembro.

ESCOITA O PODCAST:
Uxía prepara un novo disco de Malvela

Foliada de marzo foi o primeiro disco de Uxía. Editado en 1986 ten a seguinte dedicatoria; “Gracias ao grupo Na Lúa pola súa música e polo ben que o pasei con todos eles o tempo que durou a gravación. Unha vez máis demostran que non coleccionan méritos para un mundo musicalmente caduco”. Uxía, unha referencia nas músicas da lusofonía, abre esta noite as festas de Ferrol. Ofrecerá un concerto no que estará acompañada por Manolo Bacalhau.  

A música é unha especie de aloumiño, un bálsamo para a alma ante tanto sufrimento, afirma Uxía. Quedan aínda algunha entrada para o concerto que esta noite abrirá as festas de Ferrol. A cultura é un lugar seguro, reiterou esta mañá a intérprete e compositora en Radio Fene.

Uxía é considerada a grande dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros. O seu traballo representa un punto de encontro de diferentes culturas. Creou o seu repertorio a través das súas continuas viaxes e intercambios con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Bissau, como João Afonso, Dulce Pontes, António Zambujo, Rui Veloso ou Tito Paris.
Publicou 12 discos, polos que recibiu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio a Mellor álbum de música de raíz nos Premios de la música independente de España por Meu canto, seleccionado tamén como Top of the World pola revista británica Songlines. Entre outros proxectos, é a directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na maré.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora