Hai equipo e hai diálogo

Hai equipo e hai diálogo
14 de Marzo, 2020 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

Conversamos no espacio As Foxas de Radio Fene coa tenente de alcalde e concelleira responsable das áreas de Obras e Servicios do concello de Fene, Mar Piñeiro, un mes despois da súa elección.

ESCOITA O PODCAST:

“Hai diálogo e hai equipo” afirma a primeira tenente de alcalde de Fene e portavoz do grupo socialista, Mar Piñeiro, ante a nosa pregunta de como vai o tripartito que se puxo a traballar en fene hai un mes. Engadía Piñeiro, no espazo As Foxas, que cada un ten a súa responsabilidade e que os tres suman cun obxectivo: o benestar da veciñanza de Fene.

Mar Piñeiro responsabilizouse das áreas de Obras e Urbanismo. O obxectivo destes primeiros dias foi analisar a situación que se atopou, cal era o método de traballo e empezar a planificar o que quere facer. E o que quere, confesa Mar Piñeiro, é darlle unha volta á maneira de xestionar e de traballar nesta área. Paralelamente, hai que saber o que se debe e con canto orzamento pode contar.

O seguinte paso é dotar á área de servicios dos medios personais e materiais necesarios porque, afirma a edil, hai moi pouca xente en servizos e a situación é moi precaria. Ten un plan para atallar iso coa contratación de peóns, cuxas bases están publicadas no DOG desde o dia 11 de marzo. Recoñece Mar Piñeiro que o goberno anterior deixou enriba da mesa varios expedientes para os POS (Plans de Obras e Servizos)  nos que están a últimar algunhas modificacións para envialos xa á Deputación provincial de A Coruña. Estamos a falar dos POS de 2019 e 2020.

Atender as necesidades de todas as parroquias, reunirse coas entidades veciñais e establecer un orde de prioridades é o que pretende o departamento que dirixe a edil socialista. Conclúe Mar Piñeiro afirmando que cada membro do goberno ten as súas responsabilidades pero que hai diálogo e hai equipo”.

Institucional

Publica o teu comentario agora