Hai que darlles obras ás empresas

Hai que darlles obras ás empresas
04 de Xuño, 2020 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

A corporación de Fene reúnese esta tarde no pleno ordinario de xuño que se celebrará de novo vía telemática. Juventino Trigo quere apurar as obras dos POS para que as empresas teñan traballo e se mova a economía local.

ESCOITA O PODCAST:

A corporación de Fene reúnese esta tarde no pleno ordinario de xuño que, como o anterior, celebrarase vía telemática. Juventino Trigo afirmaba esta mañá que traballan duro para que cando acabe o estado de alarma esté todo preparado para que as empresas teñan traballo. Daí que estean en fase de licitación todas as actuacións previstas no POS da Deputación de 2019 que dábamos a coñecer no día de onte. Máis de un millón cen mil euros para a ampliación do cemiterio municipal con 126 novas columnas para cubrir a demanda e unha segunda fase, a cargo das arcas municipais, por valor de 232.000€ para mellorar o pavimento, xardíns e construir columbarios para as incineracións. No POS 2019 inclúese ademáis a reurbanización dos bloques 2 e 5 de San Valentín e o firme das rúas Travesa e Santa Ana e diferentes caminos.

Pleno de xuño

No pleno desta tarde a corporación ratificará as obras do POS adicional de 2020 que inclúe unha serie de pavimentacións das rúas dos Muíños e Francisco Marvar así como a primeira fase da área recreativa de San Valentín. A corporación tamén modificará a taxa de regulación das terrazas. Os locais de hostalaría de Fene quedarán eximidos de pagalas durante todo este ano 2020, ata o día 31 de decembro. Outro asunto da orde do día refírese á subvención da Deputación da Coruña para gastos relacionados co Covid19 e que ascende a 41.000€. Fene empregounos maioritariamente no reforzo dos Servizos Sociais. Juventino Trigo apela á Xunta de Galicia a facer o propio e agarda que a administración autonómica concrete a súa axuda para accións inmediatas porque, afirma Trigo, o concello está cargando con todos os gastos extraordinarios, derivados da pandemia, en aspectos que nin son da súa competencia. Por último o pleno modificará o réxime das comisión informativas que volverán a celebrarse polas mañás. O pleno comenzará ás 18 horas.

Fase 3

Con toda probabilidade Galicia entrará o vindeiro luns na fase 3 do desescalamento. Esta mesma semana celebrouse no concello fenés a mesa negociadora cos traballadores e traballadoras municipais onde se acordou “unha desescalada propia” segundo a calificou o alcalde de Fene. Contemplan a paulatina volta dos traballadores e traballadoras municipais á atención presencial, de momento aínda con cita previa, e a convivencia co tele-traballo que, segundo Juventino Trigo, “funcionou mellor do que podíamos esperar. O traballo foi excelente”. Trigo referiuse tamén ás obras de derribo da nave de Fondomar na Riveira de Barallobre que quedaron truncadas a causa da alarma sanitaria. Agarda noticias en canto entremos na terceira fase. De feito o concello está pendente dunha xuntanza con Portos de Galicia para coñecer cando se reanudarán os traballos e para saber qué se poderá facer nesa parcela unha vez conclúa o derribo.

Institucional

Publica o teu comentario agora