Haití necesita da nosa solidariedade

Haití necesita da nosa solidariedade

19 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro, a través do Departamento de Servizos Sociais, dirixido pola Concelleira Natalia Laíño, informa aos cidadáns de dous números de conta co fin de facer aportacións de fondos destinados a apoiar as labores de emerxencia pola catástrofe en Haití. O 12 de xaneiro, ás 21,53h española produciuse, na illa caribeña, un sismo de 7,3 na escala de Richter.

O terremoto afectou gravemente ó país caribeño, o máis pobre de América Latina, sendo unha das peores traxedias acontecidas en Latinoamérica. Aínda que non hai cifras oficiais de vítimas, xa que as comunicacións co país están bloqueadas, as últimas noticias falan de milleiros e de cifras sen determinar de desaparecidos.  

Nestes momentos, Solidaridade Internacional en Haití comezou a avaliar os danos causados polos sismos para atender as necesidades básicas da poboación, e habilitou dous números de conta;
 -Banco Santander

Titular: Solidaridad Internacional Conta nº: 0049-0001-54-2210042242

 -Caja Madrid

Titular: Solidaridade internacionalConta nº: 2038-1001-37-6000888882  

Sociedade