Hamburguesía

Nas hamburguesas todo é fresco e hainas de dous pisos
31 de Xaneiro, 2020 - 09:54 h. | Publicada por Radio Fene

Un novo proxecto hosteleiro abriu as súas portas en Fene. La Hamburguesía renova o clásico Xala para dar as mellores e máis frescas hamburguesas.

ESCOITA O PODCAST:

Está a ser cada vez máis habitual encontrarse a nai e filla xuntas emprendendo un novo camiño laboral. É o caso de Ángeles Muíño e Saray García. Man a man rexentan La Hamburguesía, no mesmo local que os feneses coñecemos como o Xala. Un dos primeiros bares que abriron na remozada Avenida Naturais de Fene nos anos 80. Ángeles traballou sempre no sector da hostelería. Con esta iniciativa confesa que trata de cambiar de vida.

O xogo de palabra implícito no nome do local “hamburguesía” xa nos da unha pista: pretenden cociñar as mellores hamburguesas do mundo. Non é o único que ofrecen na carta. Tamén hai ensaladas, bocadillos, pasta e pratos combinados. Fálanos Saray desas hambursesas que elaboran nas que todo é fresco. Ao entrar no local da histórica cafetería notase un cambio na decoración, o que quixeron darlle Ángeles e Saray. Os vinilos con lemas en gran tamaño nas paredes (na imaxe) son quizás o elemento que lle outorga a La Hamburguesía máis personalidade.

La Hamburguesía leva un mes aberta e non se queixan da acollida. De momento está a proba cunha empregada máis as fíns de semana e un horario con preferencia de tarde noite porque abren ás 19:00h e pechan á unha e media da madrugada. Polas mañáns abre ás 8 e pecha ás 13,30h. En fín de semana vai de 10,30h a 14,00h e de 19,00h a 2,00h.

Sociedade

Publica o teu comentario agora